Descargar Libro - Descargar libros pdf, ePub y mobi
BUSCADOR
AUTORES
A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z





Nas catacumbas
Xavier Alcalá



A nova entrega da triloxía «Evanxélica memoria», proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión sufrida polas comunidades evanxélicas en Galicia, céntrase no período que vai do final da guerra civil ao remate dos anos corenta. Nas catacumbas enfronta o lector ou lectora coa realidade dunha posguerra cruel, marcada pola brutalidade fascista e pola resistencia dos derrotados, que tentan sobrevivir nunha sociedade consumida e aferrollada polo medo.Xavier Alcalá recupera para a novela galega unha parte da nosa historia recente, e faino desde o punto de vista dunha das minorías relixiosas fiáis esquecidas, a dos protestantes galegos. Logo da publicación de Entre fronteiras, novela coa que cubría o período da Segunda República e da guerra, Nas catacumbas iníciase co remate da contenda e prosegue durante os anos corenta. Unha época marcada polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo ou as brutalidades dos fascistas na persecución de protestantes e fuxidos.A través dos ollos do protagonista, un protestante que logo de loitar na fronte bélica tenta recuperar unha vida normal sen renunciar á súa relixión, Alcalá traza con man firme o relato novelesco dunha realidade histórica inesquecible. Nas catacumbasconfigúrase dese xeito como a novela da posguerra, un período pouco presente na narrativa galega contemporánea e que nesta obra adquire unha presenza contundente.

Idioma Gallego
Publicación 2005
Editorial Galaxia
Categoría Narrativa


Descargar Nas catacumbas de Xavier Alcalá



Buscando resultados...

Accede gratis a la descarga del libro Nas catacumbas de Xavier Alcalá © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.

eXTReMe Tracker